Finca Quinta Gaviñeira.

Ubicada no Condado do Tea, comarca ao sur de Pontevedra incluída dentro da D.O. Rías Baixas, está moi preto do río Miño, que fai fronteira con Portugal.

O TERROIR, fértil e de subsolo granítico, orientado ao sur e asollado desde o amencer á noitiña, comprende 7,4 hectáreas de viñas da variedade Albariño plantadas en 1985.

Quinta: leira rural cuxos colonos pagaban por renda anual a quinta parte da colleita.