Adega Ángel Sequeiros.

Instalada nuns antigos galpóns agrícolas restaurados e revestidos no seu interior de madeira cortada na propia leira, dispón do equipamento necesario para facer viños cun rigoroso equilibrio entre tradición e enoloxía moderna.